Feira do Libro Anarquista de Pontevedra
Nun momento no que asistimos entre a impotencia e a incertidumbre á fascistización progresiva da sociedade, onde os discursos reaccionarios recuperan toda a súa forza e ameazan as conquistas de batallas das que xa ninguén se lembra e a represión desmedida blinda unha maquinaria económica que usa de combustible o xenocidio, a devastación medioambiental e a explotación de toda forma de vida, pensamos que é máis urxente que nunca alimentar o pensamento crítico e dotarnos de ferramentas e soños cos que facer frente a este sistema monstruoso.
Con esa perspetiva, un ano máis (e van 3!) a vindeira fin de semana do 30 e 31 de maio volvemos celebrar a Feira do Libro Anarquista de Pontevedra na Praza da Ferrería. Unha fogueira na que reunirnos para escoitar, intercambiar materiais e críticas e tecermos lazos cara vidas máis vivibles. Durante os dous días haberá postos de material literario antiautoritario e diferentes actividades nas que vos convidamos a acompañarnos.🌼
Se tes unha distri ou editorial que penses que pode encaixar na nosa proposta, contacta para acudir co teu posto!
Pola anarquía. Contra a derrota.
Para todes todo. 🏴🖤