Manifesta: festa e xantar popular na Alameda polo arquivo definitivo de ALTRI e o peche de ENCE
O domingo 24 de maio, ás 12:30, sairemos desde a Alameda de Pontevedra en manifestación polas rúas da cidade. Ao remate, celebraremos unha festa e xantar popular na Alameda.
Podedes facer reserva para o xantar, enchendo o formulario que xuntamos:
Haberá menú para adultos e infantís:
Adultos (25€/persoa): polbo (1 ración / 2 persoas), churrasco (a repetir), empanada, sobremesa e 1 garrafa de viño (para cada 6 persoas).
Infantil (11€/persoa): empanada, churrasco, sobremesa e refrescos.
Importante: o envío do formulario cuberto non supón a reserva de praza, ésta só será efectiva unha vez confirmado o pago, mediante Bizum (ao tlf. 666 621 438) ou ingreso ou transferencia na conta da “Asociación pola defensa da ría” (ES16 2080 5140 9130 4003 2313).
Máis información: https://www.apdr.info/wp/2026/05/12/presentamos-a-manifesta-do-24-de-maio-en-pontevedra-polo-arquivo-definitivo-de-altri-e-o-peche-de-ence/