Obradoiro de BALDE : robótica con micro:bit e software libre para xente xoven. Sábado 11 de Xullo, 11:00–13:30 en A Industriosa (A Doblada, Vigo). Plazas limitadas - inscríbete aquí:

Obradoiro de BALDE :  robótica con micro:bit e software libre para xente xoven. Sábado 11 de Xullo, 11:00–13:30 en A Industriosa (A Doblada, Vigo). Plazas limitadas - inscríbete aquí:

Constrúe o teu primeiro proxecto con micro:bit!

Atréveste a dar os teus primeiros pasos na programación? Neste obradoiro aprenderás a programar a micro:bit con MicroBlocks dun xeito sinxelo e moi intuitivo.
A BBC micro:bit é unha pequena tarxeta (4x5cm) que permite ser programada dun xeito moi doado e divertido grazas ao sistema de bloques. Tanto a maquiniña como o software son de código aberto.
A través da exploración e do xogo, descubrirás como crear pequenos proxectos interactivos e darás tamén unhas primeiras nocións de robótica, aproveitando dispositivos como os robots con rodas Maqueen, para ver como o código cobra vida no mundo real.
Non fai falla experiencia previa: só ganas de aprender, experimentar e pasalo ben!

  • Obradoiro práctico e participativo

  • Ideal para comezar desde cero

  • Aprende facendo: programa, proba e crea

  • Introdución á programación e á robótica

  • Trae o teu portátil, nós poñemos as micro:bit os robots con rodas e o resto do material

  • Para estas prácticas, empregaremos o software en liña MicroBlocks.

    Nosoutros, facilitaremos todos os dispositivos micro:bit a empregar durante as prácticas, cada asistente deberá traer un computador portátil con alomenos un conector USB libre (lamentabelmente, os dispositivos móbiles non permiten conectar as placas micro:bit).

    MicroBlocks pode executarse nun navegador Chrome ou Edge, sen ter que instalar nada máis, ou, se o preferides, podedes descargar unha aplicación independente para Chromebook, Windows, macOS ou Linux. Podedes ver todos os detalles dos equipos en: https://microblocks.fun/get-started. Non vos agoniedes coa configuración, iso farémolo no obradoiro, vós quedade no paso 1.

    Quen pode asistir?

    Aínda que a nosa proposta vai máis encamiñada cara a xente miúda da casa, isto non é obstáculo para que poidan asistir mozos e incluso maiores.

    Os menores de 9 anos teñen que asistir a todo o obradoiro en compaña dunha persoa adulta (tamén aceptaríamos un-ha irmán-á de 14 ou máis anos), de tódolos xeitos, os menores de 14 anos terán que vir acompañados dunha persoa adulta, que poderá quedar e asistir ao obradoiro ou irse ata que volva recollelos ás 13:30.

    No local hai espazo (e conexión) para que os adultos poidan ler ou traballar tranquilamente, mentres agardan.

    Disporemos de auga e froita para todos, se alguén necesita algo especial, pode traelo, temos frigorífico e microondas.

    Inscrición openbit microbit robotica: https://my.liberaforms.org/inscricion-openbit-microbit-robotica

    Data e horario:

    Sábado 11 de xullo (2026) de 11:00 a 13:30

    Lugar:

    A Industriosa
    Gregorio Espino 38, entresollado 3
    36205 Vigo

in 4 days
A Industriosa (A Doblada, Vigo).
Gregorio Espino 38, entresollado 3 36205 Vigo
Add to calendar
Download flyer