"Por Nosotras" Grupo teatral Méndez Núñez

"Por Nosotras" Grupo teatral Méndez Núñez

O grupo teatral Méndez Núñez, integrado por persoas con diversidade funcional, presentará a obra “Por Nosotras” o vindeiro 21 de outubro ás 18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

A peza ofrece unha posta en escena que amosa a evolución do papel da muller na sociedade. Para logralo, combina de forma orixinal fragmentos de obras teatrais clásicas con fitos e momentos históricos fundamentais.

A través desta obra, persoas con discapacidade intelectual amosan a súa implicación e participación activa na sociedade na que viven, utilizando o escenario como unha ferramenta para romper estereotipos.

Entrada libre ata completar o aforo.

in 12 days
Pazo da Cultura, Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, A Xunqueira de Lérez, O Burgo, Lérez, Pontevedra, Galicia, 36002
Add to calendar
Download flyer